|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
PresentaciónA Biblioteca Universitaria ten a súa orixe na primitiva Librería da Universidade, creada a mediados do século XVI e situada no Colexio fundado polo Arcebispo de Santiago, Alonso de Fonseca III.
A colección histórica da Biblioteca é o resultado da adquisición de fondos por parte da Universidade, dos donativos de destacados benefactores coma Felipe de Castro, Manuel Ventura Figueroa ou Jacobo de Parga e Puga, das moi valiosas contribucións bibliográficas recibidas con motivo da expulsión dos xesuitas no século XVIII e da desamortización do século XIX, que significou a incorporación das librerías dos mosteiros de Galicia, das que sen dúbida é máis importante a do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago. No século XX a Biblioteca beneficiouse extraordinariamente con tres novas contribucións: a adquisición da biblioteca do Arcebispo Lago González, a fundación por D. Gumersindo Busto da Biblioteca América, e o depósito da Biblioteca da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. A Biblioteca Xeral é depositaria do fondo antigo da Biblioteca Universitaria, da sección Galicia, e dunha ampla colección de obras de referencia e bibliografía interdisciplinar. Na actualidade a Biblioteca Universitaria defínese como unha unidade funcional de apoio á docencia e á investigación. Está constituída por tódolos fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais adquiridos polos diferentos centros e servicios - calquera que fose o concepto presupostario co que se adquiran -, polos de troco e polos mercados en favor da Universidade por outros organismos, aínda que se garden en sitios distintos e en diferentes edificios universitarios. A Biblioteca Universitaria estructúrase nunha biblioteca xeral, once bibliotecas de facultade ou escolas universitarias, e catro bibliotecas intercentros repartidas nos campus de Santiago de Compostela e Lugo. Os usuarios teñen o deber de respeta-la integridade e o estado das instalacións da Biblioteca Universitaria, así como os fondos e documentos que a compoñen. (Artigo 30 do Regulamento da BUSC) |
|
© BUSC
|