Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca Concepción Arenal

Situación e instalacións

A Biblioteca Concepción Arenal, de Dereito, Ciencias Políticas e Relacións Laborais, está ubicada nun edificio propio, situado a carón da Facultade de Dereito, que conta con seis andares configurados en dúas áreas diferenciadas:

  • Unha, dirixida aos alumnos de 1º e 2º ciclo (andares 1, 2 e 3), con 900 postos de lectura
  • Outra, de investigación, para consulta do fondo especializado (andares 1 e 2), con 78 postos

O andar 0 (acceso) actúa como elemento separador entre elas.

A Biblioteca conta con 9 terminais para acceso ao catálogo automatizado (Capel), lectores de microformas, fotocopiadoras e PCs para acceso a internet e ás bases de datos en CD-ROM.

Fondos

As coleccións da Biblioteca, en libre acceso na súa totalidade, comprenden máis de 118.000 volumes de libros e 1.180 títulos de revistas en curso. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son :

  • Socioloxía
  • Ciencia política
  • Ciencia da administración
  • Dereito administrativo
  • Dereito constitucional
  • Dereito internacional público
  • Relacións internacionais
  • Filosofía do dereito
  • Historia do dereito
  • Dereito eclesiástico
  • Dereito romano
  • Dereito civil
  • Dereito internacional privado
  • Dereito mercantil
  • Dereito financieiro
  • Dereito penal
  • Dereito procesal
  • Economía política
  • Dereito do traballo
  • Relacións laborais
  • Seguridade social

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

Papel:

  • Repertorio cronológico de legislación - Aranzadi
  • Legislación de las Comunidades Autónomas - Aranzadi
  • Nuevo diccionario de legislación - Aranzadi
  • Repertorio de jurisprudencia - Aranzadi
  • Repertorio Aranzadi del Tribunal Constitucional
  • Sentencias de Tribunales Superiores de Justicia y Audiencias Provinciales y otros tribunales - Aranzadi
  • Aranzadi civil
  • Aranzadi social
  • Jurisprudencia tributaria - Aranzadi
  • Actualidad administrativa - La Ley
  • Actualidad civil - La Ley
  • Actualidad laborar - La Ley
  • Actualidad penal - La Ley

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30 (luns a venres)
  • 10:00-19:30 (sábados, domingos e festivos)

Vacacións estivais

  • Xullo:
    • 9 a 14 ; 16 a 21 (luns a venres)
    • 10:00-19:30 (sábados, domingos e festivos)
    NOTA: A derradeira semana de xullo pecha polas tardes e as fins de semana
  • Agosto:
    • 9 a 14 (lúns a venres)
    • 10:00-19:30 (sábados, domingos e festivos)
    NOTA: As tres primeiras semanas de agosto pecha polas tardes e as fins de semana

Períodos de exames

  • Ata as 3 da madrugada

Enderezo

Biblioteca Universitaria Concepción Arenal
Campus Universitario Sur
15782 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 563 100 ext. 15210

Fax: 981 547 064

derprest@usc.es

 

Facultade de Dereito - Web - Guía
Facultade de CC. Políticas e Sociais - Web - Guía
Escola de Relacións Laborais - Web - Guía

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela