Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais

Situación e instalacións

A Sala de lectura está ubicada na planta principal da Facultade e conta con 348 postos de consulta.

No primeiro semisoto ubícase o depósito de monografías. No segundo semisoto está a Hemeroteca que conta con 23 postos de consulta.

A Biblioteca dispón de 8 terminais para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), fotocopiadora e PC para acceso ás bases de datos en CD-ROM.

Os principais fondos de alumnos (3.135 volumes) están colocados en libre acceso na Sala de lectura.

Na Hemeroteca poden consultarse os fondos máis recentes de 767 títulos de revistas.

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 48.000 volumes de libros e 1.987 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son :

  • Empresa, Xestión, Recursos humanos, Marketing, Comercialización
  • Finanzas e Contabilidade, Economía financieira
  • Economía, Historia económica, Pensamento económico, Teoría económica, Facenda pública, Estructura económica, Política económica, Economía agraria e industrial
  • Métodos cuantitativos para a economía e a empresa, Econometría, Matemáticas económicas, Estatística
  • Dereito mercantil e do traballo
  • Socioeconomía
  • Socioloxía
  • Ciencia política

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

CD-ROM:

  • ABI-Inform Research Edition (1986-1996)
  • ABI-Inform Select Edition (1998-1999)
  • Bibliografía española de revista de ciencias sociales y humanidades
  • Base bibliográfica da emigración galega
  • Statistical Compendium OECD (1997-1998)

Papel:

  • Journal of Economic Literature
  • Index of Economic Articles
  • International Development Abstracts
  • Current Index to Statistics
  • Europaische Integration. Auswahlbibliographie
  • International Bibliography of Economics
  • Information Sources in Finance and Banking (1996)
  • The International Directory of Business Information Sources and Services (1996)
  • The International Bibliography of Business History (1997)
  • Finance Literature. Index (1992)
  • Ensayo de Bibliografía Jurídica (1995)
  • Information Sources in Management and Business (1985)
  • A bibliography of finance (1991)

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Dos fondos do depósito poden solicitarse tres obras por usuario.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30

Vacacións estivais

  • Consulte nesta biblioteca o horario para os meses de Xullo e Agosto.

Períodos de exames

  • Ata as 3.00 da madrugada

Enderezo

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais - Biblioteca
Avda. Burgo das Nacións
Campus Universitario Norte
15704 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 56 31 00  (Ext. 11510)

Fax: 981 54 70 65

bueco@usc.es

 

Facultade de CC. Económicas e Empresariais -Web - Guía

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela