Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Escola Técnica Superior de Enxeñería

Situación e instalacións

A Biblioteca está ubicada no Edificio de docencia.

Conta con 174 postos de lectura.

Ten 1 PC compartido para acceso ao catálogo automatizado(CAPEL) e acceso as bases de datos en rede e 1 fotocopiadora.

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden aproximadamente, 2.800 volumes de libros e 80 títulos de revistas, das seguintes materias: Ciencias básicas, Biotecnoloxía, Enxeñería química, Enxeñería ambiental e Informática.

Os fondos atópanse en acceso directo e distribuídos en dous andares: no baixo, libros para alumnos, e últimos números das revistas en curso de suscripción ; no superior, libros de investigación e depósito de revistas.

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Impártense tamén cursos de formación de usuarios para os alumnos dos distintos ciclos.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30 (lúns a venres)

Vacacións estivais

  • Consulte nesta biblioteca o horario para os meses de Xullo e Agosto.

Enderezo

Escola Técnica Superior de Enxeñería-Biblioteca
r/Lope Gómez de Marzoa, s/n
Campus Universitario Sur
15706 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 56 31 00  (Ext. 16706-16707-16708)

Fax: 981 52 80 35

etsebib@usc.es

ETSE - Web

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela