Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca de Xeografía e Historia

Situación e instalacións

A Biblioteca está ubicada nas plantas 2ª e 3ª da Facultade de Xeografía e Historia. Conta con 2 salas de lectura, unha na 2ª planta cos fondos de alumnos en acceso directo e outra para fondos de investigación na 3ª planta.

Conta en total con 483 postos de consulta entre as 3 salas.

Ten 6 terminais para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), 5 na 2ª planta e 1 na 3ª, fotocopiadoras e PCs para acceso ás bases de datos en CD-ROM

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 80.000 volumes de monografías e 2.345 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son:

  • Xeografía
  • Prehistoria
  • Arqueoloxía
  • Historia antiga
  • Historia medieval
  • Historia moderna
  • Historia contemporánea
  • Historia de América
  • Paleografía
  • Diplomática
  • Biblioteconomía
  • Historia da arte
  • Historia do cine
  • Historia da música

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Dos fondos do depósito poden solicitarse tres obras por usuario.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30 (lúns a venres)

Vacacións estivais

  • Xullo: 9 a 14 ; 15.30 a 20.30 (lúns a venres)
  • Agosto: 9 a 14 (lúns a venres)

Enderezo

Facultade de Xeografía e Historia - Biblioteca
Praza da Universidade, s/n
15703 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 56 31 00  (Ext. 12628-12687)

Fax: 981 54 70 72

hisara@usc.es

 

Facultade de Xeografía e Historia - Guía

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela