|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Biblioteca Intercentros de Psicoloxía e CC.EducaciónSituación e instalaciónsA Biblioteca forma parte da Intercentros de Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación, ten dous puntos de servizo e, adscrita, a biblioteca do ICE. Campus SurA Biblioteca está ubicada na planta primeira do edificio central das Facultades de Psicoloxía e Ciencias da Educación. Conta con 252 postos de consulta nas 2 salas de lectura e na Hemeroteca Ten 7 ordenadores para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), dúas fotocopiadoras e 4 ordenadores para acceso ás bases de datos e Internet. As obras de referencia (1663 volumes) e as revistas en curso poden consultarse na Hemeroteca Campus NorteA Biblioteca está ubicada na planta baixa do edificio da Facultade de Ciencias da Educación. Conta con 86 postos de consulta na sala de lectura e na Hemeroteca. Dispón tamén dunha aula estudio. Ten 3 ordenadores para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), fotocopiadora e 2 ordenadores para acceso ás bases de datos e Internet. FondosAs coleccións da Biblioteca comprenden máis de 40.000 volumes de monografías e 1.000 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son : Campus Sur
Campus Norte
Bases de datos bibliográficasCD-ROM:
Papel:
ServizosInformación bibliográficaA Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información. Impártense tamén cursos de formación de usuarios para os alumnos dos distintos ciclos. Consulta en salaNas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca. Dos fondos do depósito poden solicitarse 3 obras por usuario. Préstamo a domicilioPoden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.
Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá. HorarioHabitual
Vacacións estivais
EnderezoCampus Universitario SurEdificio Central Facultades de Psicoloxía e Ciencias da Educación - BibliotecaCampus Universitario Sur 15706 Santiago de Compostela Tlf.: 981 56 31 00 (Ext. 13723) Fax: 981 54 70 21 Campus Universitario NorteFacultade de Ciencias da Educación - BibliotecaAvda. Xoán XXIII Campus Universitario Norte 15704 Santiago de Compostela Tlf.: 981 56 31 00 (Ext. 12019) Fax: 981 54 70 73 Facultade de CC. da Educación - Web - Guía |
|
© BUSC
|