Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca da E.U. de Formación do Profesorado - Lugo

Situación e instalacións

A Biblioteca está situada na planta acceso á Escola. Conta con:

  • 1 Sala de lectura, en libre acceso, con 85 postos de consulta con un ordenador para consulta da web da BUSC e acceso a Internet e unha estación de traballo.. Nesta sala están os fondos posteriores a 1975 (monografías, multimedias, cds...) e os dous últimos anos das revistas máis consultadas polos alumnos..
  • 1 Sala de investigadores con 16 postos de consulta, dous ordenadores para consulta, equipos de audición e reproductores de CD e DVD. Atópanse nesta sala as revistas científicas máis específicas e as monografías anteriores a 1958.
  • 1 Sala de traballo en grupo con 12 postos.
  • Na entrada á biblioteca hai dous ordenadores para a consulta do Catálogo da BUSC.

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 30.000 volumes de monografías, 278 títulos de revistas e 755 audiovisuais. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son:

  • Filosofía, Psicoloxía e Socioloxía
  • Educación e historia da educación
  • Didáctica e organización escolar
  • Educación infantil
  • Educación Primaria
  • Educación especial
  • Linguas estranxeiras (francés e inglés)
  • Educación física e deportiva
  • Didáctica das Ciencias experimentais
  • Didáctica das matemáticas
  • Didáctica da Lingua e literatura
  • Didáctica das ciencias sociais

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

CD-ROM:

  • Cuadernos de pedagogía

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Santiago, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:00

Vacacións estivais

  • Consulte nesta biblioteca o horario para os meses de Xullo e Agosto.

Enderezo

Escola Universitaria de Formación do Profesorado- Biblioteca
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n
27002 Lugo

Tlf.: 982 28 58 86
       982 22 39 96  (Ext. 21007 e 21058)

Fax: 982 28 58 86

maxprado@usc.es
maxprest@usc.es

 

E.U. de Formación do Profesorado- Web

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela