Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca de Medicina e Odontoloxía

Situación e instalacións

A Biblioteca está ubicada na 2ª planta da Facultade

Conta con 132 postos de consulta repartidos entre a sala de lectura e a Hemeroteca.

Ten 3 terminais para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), fotocopiadoras e 5 PCs (estacións de traballo).

Os fondos de alumnos (4.540 volumes) están colocados en libre acceso nas salas de lectura divididos en dúas seccións: unha para consulta en sala e outra para préstamo a domicilio.

Na Hemeroteca poden consultarse os fondos máis recentes de 2.308 títulos de revistas (261 delas abertas).

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 16.000 volumes de monografías e 2.308 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son :

  • Anatomía patolóxica
  • Bioquímica, Bioloxía molecular e celular, Xenética
  • Bioestatística
  • Ciencias morfolóxicas (anatomía humana, histoloxía, bioloxía do desenvolvemento)
  • Ciruxía, traumatoloxía, ortopedia
  • Dermatoloxía
  • Farmacoloxía e terapéutica
  • Fisioloxía humana
  • Historia da medicina
  • Medicina interna
  • Medicina legal. Toxicoloxía
  • Medicina preventiva e saúde pública
  • Microbioloxía, inmunoloxía e parasitoloxía
  • Obstetricia e xinecoloxía
  • Odontoloxía
  • Oftalmoloxía
  • Oncoloxía
  • Otorrinolaringoloxía
  • Pediatria
  • Psiquiatría, Psicoloxía médica
  • Radioloxía, Medicina física
  • Xeriatría e xerontoloxía

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

CD-ROM:

  • Ageinfo
  • Aidsline

Papel:

  • Mosby Dental Drug Reference

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Dos fondos do depósito poden solicitarse tres obras por usuario.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30 (luns a venres)

Vacacións estivais

  • Consulte nesta biblioteca o horario para os meses de Xullo e Agosto.

Enderezo

Facultade de Medicina - Biblioteca
R./ San Francisco, s/n
15705 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 56 31 00  (Ext. 12253-54)

bumed@usc.es

Facultade de Medicina e Odontoloxía - Web

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela