Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca Xeral

Situación e instalacións

A Biblioteca Xeral está ubicada no Colexio de Fonseca. Conta cunha sala de lectura, sala de investigadores, mediateca e hemeroteca, cun total de 349 postos de consulta.

Ten 8 terminais para acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), 4 no vestíbulo, 1 no servizo de información, 1 na sala de lectura, 1 na hemeroteca e 1 na sala de investigadores, lectores reproductores de microformas, fotocopiadoras e PCs para acceso ás bases de datos en CD-ROM.

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden 242.969 volumes de monografías e 8.240 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son:

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

Outros soportes:

A Biblioteca Xeral reúne unha importante colección de bibliografías e obras de referencia de moi diversas tipoloxías: Bibliografías históricas (Nicolás Antonio, Brunet), Bibliografías de bibliografías (Besterman, Malclés), Bibliografías nacionais (Palau, German Books in Print), Catálogos de Bibliotecas (Biblioteca Nacional de España, National Union Catalog), Bibliografías e Catálogos de manuscritos, incunables, impresos antigos, publicacións periódicas, etc.

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

  • Sala de Lectura: para a consulta de monografías posteriores a 1900
  • Hemeroteca: consulta das publicacións periódicas posteriores a 1900
  • Sala de Investigadores: para tódolos fondos (monografías e publicacións periódicas) posteriores a 1900, manuscritos, obras depositadas na caixa forte, materiais especiais (mapas, carteis...) e obras especialmente valiosas.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30

Vacacións estivais

  • Xullo: 9 a 14 ; 15.30 a 20.30 (lúns a venres)
  • Agosto: 9 a 14 (lúns a venres)

Enderezo

Colexio de Fonseca.
R/ Franco, s/n
15782 Santiago de Compostela

Tel.: 981 56 31 00 Ext (11092, 11080)
Fax: 981 54 70 55; 981 54 70 57

bxsec@usc.es

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela