Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Biblioteca de Ciencias da Comunicación

Situación e instalacións

A Mediateca de Ciencias da Comunicación, á que se accede pola 1ª planta da Facultade, conta con 136 postos de lectura distribuidos en 3 seccións.

  • A Hemeroteca Periodística: sita na 1ª planta e con 32 postos de lectura para a consulta de prensa recente (extranxeira, nacional, comarcal e local), semanarios e revistas divulgativas. 29 periódicos e aproximadamente 70 revistas están en acceso directo.
  • A Biblioteca: situada na 2ª planta, conta con 84 postos de lectura e con 6.575 volumes en acceso directo. Ademais, conta con dúas salas de traballo en grupo e outra de referencia.
  • A Hemeroteca Científica (Sala de Investigadores): situada no soto, ao que se accede pola 1ª planta, conta con 20 postos de lectura e alberga 152 revistas científicas.

A Mediateca dispón de 24 cabinas, ubicadas na 1ª planta, co seguinte equipamento: 10 cabinas con PC; 10 con TV e vídeo; 1 con TV e DVD; e 3 con cadenas musicais. Todas elas están destinadas á consulta dos materiais audiovisuais e multimedia da Mediateca, entre os que destacan os máis de 1.200 vídeos de cine. Dende PCs pódense consulta-las bases de datos en liña da BUSC, os periódicos electrónicos e outros recursos electrónicos periodísticos.

Ten tamén 3 terminais de acceso ao catálogo automatizado (CAPEL), 2 na 1ª planta e 1 na 2ª. E ademais, 2 PCs na Sala de Investigadores. Tamén conta cunha fotocopiadora na 1ª planta.

Fondos

As coleccións da Biblioteca comprenden case 15.976 volumes de monografías e 384 títulos de revistas. As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son :

  • Dereito da comunicación
  • Artes visuais
  • Deseño gráfico
  • Teorías da comunicación e da cultura
  • Prensa
  • Publicidade
  • Comunicación corporativa
  • Xornalismo electrónico e multimedia
  • Radio
  • Televisión
  • Cine
  • Fotografía e fotoxornalismo
  • Documentación
  • Metodoloxía da investigación
  • Socioloxía
  • Antropoloxía social
  • Psicoloxía social

Bases de datos bibliográficas

Catálogo da Biblioteca

Bases de datos en rede

Servizos

Información bibliográfica

A Biblioteca proporciona información e asistencia sobre organización e localización dos fondos, manexo do catálogo automatizado, utilización e consulta das bases de datos e outras fontes de información.

Consulta en sala

Nas salas de lectura e na hemeroteca poden consultarse tódolos libros e revistas da Biblioteca.

Préstamo a domicilio

Normas de préstamo

Poden solicitarse en préstamo, obras das Bibliotecas do Campus de Lugo, sempre que non se trate de manuais de uso frecuente.

 

Tódolos servizos funcionan ininterrumpidamente no horario habitual da biblioteca. No servizo de información bibliográfica terá atención especializada no horario de mañá.

Horario

Habitual

  • 08:30-21:30 (lúns a venres)

Vacacións estivais

  • Consulte nesta biblioteca o horario para os meses de Xullo e Agosto.

Enderezo

Facultade de Ciencias da Comunicación - Biblioteca
Avda. de Castelao s/n
Campus Universitario Norte
15704 Santiago de Compostela

Tlf.: 981 56 31 00  (Ext. 16502)

Fax: 981 54 71 30

perjuana@usc.es

 

Facultade de CC. da Comunicación - Web
Facultade de CC. da Comunicación - Guía

 

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela