|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Pórtico - Guía
____________________________________ 1. ¿Que é Pórtico?O multibuscador Pórtico é o portal de acceso aos múltiples recursos de información de que dispón a Biblioteca Universitaria de Santiago: catálogo da BUSC e outros catálogos de bibliotecas, bases de datos referenciais e a texto completo, revistas e libros electrónicos, e outros recursos en Internet. A través de Pórtico poderá coñecer os recursos dispoñibles na súa área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, o que permite un primer achegamento ao seu tema de interese. En ningún caso pretende substituír as amplas funcionalidades de busca que ofrecen os portais ou as bases de datos na súa interfaz orixinal. 2. ¿Como acceder a Pórtico?Dende calquera ordenador pertencente ao dominio usc.es, a través da páxina web da biblioteca ou do enderezo http://portico.bugalicia.org/ml/?c=usc Os usuarios autorizados poden acceder dende fóra do dominio da USC a través do proxy. 3. ¿Que tipos de recursos atopará en Pórtico?Pórtico permite xestionar recursos de variada tipoloxía e contidos (bases de datos, catálogos, plataformas de revistas, etc.) que ofrecen información a texto completo, referencial, etc. Estes recursos teñen co metabuscador distintos graos de compatibilidade. En función do grao de compatibilidade Pórtico establece tres categorías de recursos: Enlazables: non compatibles co motor de busca de Pórtico polo que haberá que acceder a eles na súa interfaz orixinal, premendo sobre o título do recurso. Buscables: ao teren un grao maior de compatibilidade permiten facer a busca dende Pórtico pero os resultados terán que visualizarse na interfaz orixinal. Metabuscables: ao seren completamente compatibles permiten realizar as buscas e visualizar os resultados dentro de Pórtico. Iconas informativas asignadas aos recursos:
Cando un recurso leva a icona 4. ¿Como buscar en Pórtico?A barra de navegación permite acceder aos distintos módulos do metabuscador. O módulo activo aparecerá resaltado.
BuscaEsta opción lle permitirá localizar os recursos dos que dispón a biblioteca e facer unha busca sobre varios ao mesmo tempo.
En primeiro lugar deberá localizar na columna da esquerda os recursos nos que desexe buscar, elixindo a opción "Materia" ou "Combinada". A opción "Materia" amosará a árbore de materias e submaterias dispoñibles e a opción "Combinada" permitirá localizar os recursos utilizando un ou máis dos seguintes criterios:
En segundo lugar deberá seleccionar na parte dereita da pantalla o/s recurso/s, ata un máximo de 10, marcando as caixas de verificación, escribir os termos que desexa buscar nas caixas da parte superior e premer no botón "Ir". RecursosPermite localizar un recurso concreto entre os moitos dispoñibles. Para buscar un recurso pode utilizar as seguintes opcións:
Título: permite despregar os títulos dos recursos a través da lista A-Z ou buscar por termo significativo de título na caixa ao efecto. Combinada: permite localizar recursos combinando os seguintes criterios: título, editor/provedor, materia, calquera palabra e tipo de recurso. Materias: permite localizar un recurso seleccionando unha área de coñecemento. Unha vez localizado o recurso poderá acceder directamente a el premendo no título ou facer a busca dende Pórtico sempre que apareza unha "lupa" á dereita. 5. Resultados en PórticoUnha vez realizada a busca nos recursos seleccionados amosarase unha pantalla na que se indica: se se atoparon ou non resultados para cada recurso, número de rexistros atopados e se estes visualízanse en Pórtico ("Visualizar") ou na súa interfaz orixinal ("Ir").
Pantalla de resultadosPor defecto os resultados das buscas en Pórtico visualízanse en formato táboa. Na seguinte imaxe detállanse os elementos máis importantes da pantalla de resultados:
Refinar buscaDende a opción "Refinar" poderá acotar os resultados da súa busca.
Formatos de visualizaciónAdemais do formato táboa, os rexistros poden visualizarse en formato breve ou completo. No formato breve presenta a mesma información que o formato táboa pero cunha disposición diferente. O formato completo da a máxima información sobre os rexistro e permite:
Buscas recentesEsta opción permite, só mentres dure a sesión, almacenar as buscas realizadas e volver a elas en calquera momento.
6. Área persoalImportante: a Área persoal só gardará os datos mentres dure a sesión. Unha vez finalizada esta perderase toda a información almacenada. Na área persoal pódense levar a cabo varias operacións cos rexistros. Dende a visualización "formato táboa" ou "formato breve" pode:
Dende a visualización de "rexistro completo" pode facer o mesmo pero cun só rexistro.
|
|
© BUSC
|