Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo
Seccións
BUSCar información
Catálogo
Servizos
A Biblioteca
Internet
BUSCar información

Bases de datos**
Revistas electrónicas**
Libros electrónicos**

Para buscar en varios recursos ao mesmo tempo:

Pórtico
Guía de uso
Máis información

** Accesible só dende o dominio usc.es

Acceso remoto a ScienceDirect

Os usuarios da USC teñen agora a posibilidade de acceder remotamente aos contidos a texto completo do servizo ScienceDirect, é dicir, dende calquera ordenador que non estea conectado á rede da USC.

Para poder facelo, é necesario que o usuario se rexistre individualmente en ScienceDirect, solicitando previamente á BUSC un "Registration ID". Para isto só ten que cubrir o pequeno formulario que ven a continuación. A conta de correo electrónico debe ser pertencente á USC e só pode haber un usuario por cada conta.

Se vostede se rexistrou en ScienceDirect con anterioridade ao 1 de novembro de 2006 cunha conta de correo da USC, non é necesario que solicite o "Registration ID" porque xa ten habilitado o acceso remoto. Se, pola contra, fixo o rexistro cun enderezo de correo electrónico alleo á BUSC e desexa facer uso do acceso remoto, si que é necesario solicitalo proporcionando o enderezo pertencente á USC.

Unha vez recibida a solicitude e comprobado que o enderezo de correo electrónico non estea xa rexistrado en ScienceDirect, recibirá unha mensaxe con instruccións para facer o rexistro e o "Registration ID" e "Password" necesarios. Se non recibe resposta nun prazo de 48 horas (só días laborables) pode consultar o estado da súa solicitude dirixíndose a bxpublic@usc.es

Solicitar "Registration ID"

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela