|
|
Recursos en Historia
Bibliotecas e Centros de Documentación
Españois
Estranxeiros
Institucións Académicas
Españolas
Estranxeiras
Organismos e Asociacións
Españois
Estranxeiros
Proxectos dixitais
- African Online Digital Library: Proxecto liderado polo African Studies Center da Michigan State University que proporciona materiais de axuda para a docencia e a investigación sobre Africa Occidental e do Sul. Ofrece ademáis materiais útiles para que institucións con poucos recursos poidan abordar proxectos de dixitalización.
- American Memory (Library of Congress): Proxecto da National Digital Library que da acceso fontes primarias incluidas nas coleccións da Libary of Congress. A intención do grupo de traballo, no que participan arquivos e outras institucións culturais e académicas é construir coleccións vinculadas á historia do pobo norteamericano. Servíndose das novas tecnoloxías ofrece ademáis transcripción de manuscritos, audiciones e fotografía.
- Archivos Españoles en Red: Programa dos Arquivos Estatales, no que se atopan 12 millóns de documentos dixitalizados. É necesario darse de alta no mesmo.
- Avalon Project. Documents in Law, History and Diplomacy: Proxecto da Universidade de Yale que da acceso a unha gran base de documentos primarios relativos ao campo da diplomacia. Ten un importante sesgo ao mundo anglosaxón.
- BBC History: Portal do canal de tv da BBC onde están disponibles algúns dos materiais utilizados nas súas series de historia como é o caso da I e II Guerra mundial.
- Becoming Human (Institute of Human Origins): Proxecto dependente do Institute of Human Origins que ofece unha mirada visual sobre a orixe da humanidade utilizando recursos multimedia
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Sección de Historia: Enfocada ás culturas hispánicas, ofrece recursos a texto completo para o estudio e a ensinanza da Historia. Inclue portais temáticos adicados a temas diversos como : Expulsión dos xesuitas , constitucions hispanoamericanas, Monarquía hispánica, Historia e crítica do cine español e investigaciones xeográficas. É interesante a sección de cadernos didácticos da historia polo novedoso deste tipo de recursos en lingua castelá.
- British Library Oral Archive: Proxecto da British Library que nace coa intención de reunir as fontes da historia oral de Gran Bretaña. Mantén ademáis unha importante labor de asesoramento metodolóxico no campo da investigación.
- Cambridge Digital Library: Portal onde se poden atopar imáxenes de manuscritos e libros seleccionados das coleccións da Biblioteca de Cambridge.
- Codices Electronici Eclesiae Coloniensis: Proxecto de dixitalización retrospectiva dos fondos da Biblioteca de Geföfert.
- Collect, British Library :Trátase do maior proxecto de dixitalización da British Library. Colección en crecimiento na que se pode consultar prensa, manuscritos, mapas, os tesoros da british, cultura colonial, o arquivo sonoro...
- Cuneiform Digital Library Initiative, CDLI: Proxecto iniciativa da University of California e o Max Plank Institute of History of Science.
- Collage:Base de datos que reune unhas vintemil imaxes da Guildhall Library e da Guildhall Art Gallery de Londres.
- Data and Program Library System: Proxecto que ofrece acceso a documentos primarios da historia social dos Estados Unidos, e tamén doutros países entre os que destacan os censos do século XV de Florencia e Verona.
- Digital Asia Libarary: Proxecto cooperativo entre as universidades de Wisconsin, Minesota e a Ohio State University que ofrece recursos para o estudio e a investigación de Asia dende o punto de vista das humanidades e as Ciencias Sociais.
- Digital History: Espacio no que se poden atopar dende textos eléctrónicos a documentos primarios da historia dos inicios da nación americana: esclavidude, historia das migracións e a etnicidade dos diferentes pobladores do territorio americano–mexicano.
- Digital Library of Georgia: Liderada pola Biblioteca de Georgia, dentro do proxecto Galileo, traballa cos fondos de Museos e Arquivos que recollen a historia e a cultura de Georgia nas diferentes manifestacións.
- Digital South Asia Library: Proxecto da Andrew W. Mellon Foundation no que participan mais de vinte institucións. Trátase dun recurso excepcional para o estudio e a investigación do Sul de Asia.
- Evolution (PBS): Proxecto do canal de televisión PBS (Virginia), onde se vacían algúns dos documentais das súas series.
- Gallica, La Bibliothéque Numérique, Bibliothéque Nationale de France: Selección de documentos dixitalizados das coleccións da Biblioteca Nacional Francesa. Ela mesma se define como biblioteca patrimonial e enciclópedica. Inclúe coleccións de mapas, manuscritos, libros ilustrados e raros, colecciones temáticas...
- Historic Government Publications from World War II. Digital Library: Proxecto da Central University da Southern Methodist University, que reune dixitalizados os fondos sobre a II Guerra Mundial publicados polo goberno dos EEUU.
- Historical Monographs, Cornell University: Proxecto iniciado nos 90 para dar acceso a monografías de varias materias que por estar fóra do copyright poden ser dixitalizadas.
- Internet Library of Early Journals: Programa cooperativo das bibliotecas de Birmingham, Leeds, Manchester e Oxford, dentro do eLib (Electronic Libraries Progranme) que ten como obxetivo dixitalizar periódicos do séculos XVIII e XIX.
- Internet Medieval Source Books: Colección de manuais e textos de carácter educativo e do dominio público, reunidos baixo os seguintes epígrafes: Ancient History Sourcebook | Medieval Sourcebook | Modern History Sourcebook | Byzantine Studies Page /African | East Asian | Global | Indian | Islamic | Jewish | Lesbian and Gay | Science | Women's | Medieval Studies Course | Modern History Course | Chinese Studies Course | Medieval Webguide.
- Kentuckiana Digital Library: Pese atratarse dunha biblioteca de carácter local, ofrece interesantes documentos para a historia social.
- Liberty, Equality, Fraternity: Proxecto onde se reunen fontes primarias e secundarias sobre a revolución francesa .
- MOA, Making of America: Proxecto da Mellon Foundation que reune unhas oitomil cincocentas monografías e uns cincoenta mil artigos sobre Historia social, educación e progreso da tecnoloxía.
- Newspapers Library, British Library: Unha das mellores coleccións en prensa do mundo.
- New York Public Library, Digital Colections: Recurso que describe as diferentes coleccións da New Yok Public Library en relacción coa cultura e a Historia social dende a antigüidade ao presente. Da acceso de modo independente a dunha serie de coleccions individuais entre as que destacan : Studies dedicated to Fernando Ortiz (1880-1969), Treasures of the American Performing Arts 875-1923, os fondos da Schomburg Library...Na actualidade reune máis de seiscentas mil imáxes nas que se inclúen fotografías, manuscritos, mapas, ilustracións.
- New Zeland Digital Library: Proxecto que se inclúe dentro dos programas de investigación da Universidade de Waikato. Entre as coleccións que reune destacan as adicadas á recuperación dos arquivos sonoros.
- The OnLine Books, University of Pennsylvania: Proxecto da Universidade de Penn, que persigue dar acceso libre a un número cada vez maior de obras cara á investigación e o ensino.
- Online Medieval and Classical Library, Berkeley Digital Library: Colección en crecimento dentro da SunSITE de Berkeley, onde se poden consultar os traballos considerados máis importantes da cultura occidental nos periodos clásico e medieval.
- Primates (Yerkes Primate Center, Emory University:Proxecto centrado no estudio dos primates. Ofrece documentais e documentos de traballo elaborados polo propio centro.
- Rusian State Documentary Film and Photo: Fondos dixitalizados da Kransogrosk (coñecida como o Arquivo Central da fotografía e imaxe), cunha amplia cobertura. Abarca dende a coronación do zar Nicolas II ate 1985.
- Theban Mapping Proyect: Base de datos que pretende dar a coñecer Tebas, facendo uso das novas tecnoloxías.
- World Civilization: Proxecto educativo da washington State University sobre a civilización occidental.
Buscadores, directorios e outros recursos
|