Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Busca na Internet

Buscadores galegos

  • GaliciaCity: Buscador de páxinas galegas na internet, ordeado por categorías
  • Vieiros: Portal galego que ofrece entre outros, foros e noticias de actualidade, e permite buscar páxinas galegas na Internet ordeadas por categorías.

Buscadores inernacionais

  • AlltheWeb: Coñecido como 'busca rápida', contén un dos índices máis grandes da rede. Ofrece tamén outros portais de diferentes tecnoloxías.
  • Altavista: Cobertura internacional con nodos locais que serven ós seus respectivos ámbitos xeográficos, entre eles España.
  • AOL Search: Importante busca por categorías, as principais veñen do Open Directory Project.
  • Google: Ofrece a maior cantidade de páxinas rastrexadas por un busca, gracias a socios como Netscape Search e Open Directory Project. Permite a recuperación de imaxes a través de Usenet
  • HotBot: Buscador que se apoia para os seus primeiros resultados en Direct Hit Service e para os secundarios en Inktomi e Open Directory Project
  • International Directory of Search Engines: Directorio internacional de motores de busca.
  • W3 Search Engines: Selección de motores de busca elaborada polo Centre Universitaire d'Informatique de Genova.
  • Yahoo: Cobertura internacional con nodos locais que serven ós seus respectivos ámbitos xeográficos, entre eles España. Organizado en categorías, permite buscar a través da clasificación temática, ou ben, por termos de busca nos formularios. Complementa os resultados con Google.

Metabuscadores

Directorios

  • Academic Info: Directorio temático no que se seleccionan, valoran e organizan recursos de forte interese educativo e académico. Dase prioridade á captación de coleccións dixitais de organizacións académicas, museos e bibliotecas
  • BUBL Subject Tree: ortal xenérico onde se atopa unha selección dos millores recursos electrónicos de sesgo académico e científico, organizados por orde alfabética e pola clasificación Dewey.
  • CyberDewey: Portal temático ordenado baixo a clasificación Dewey e un índice alfabético. Os recursos selecciónanse de maneira moi coidada.
  • DutchESS: Portal multidisciplinar elaborado pola National Library of Netherlands. Ofrece unha das millores seleccións. Os recursos organízanse en listas alfabéticas, cunha breve relación do contido.
  • Ingenta: Contén unha excelente selección de recursos académicos organizados en quince grandes áreas temáticas.
  • Internet Public Library: Portal temático. Os recursos acompáñanse dunha descripción clara do seu contido.
  • Resource Discovery Network: Proxecto enlazado cos obxetivos da JIC's (Joint Information Systems Comitee), dentro do eLib Programme. Participan unhas sesenta institucións do ámbito académico e científico como a British Library e o Natural History museum. Os recursos foron selecionados, indizados e descritos por profesionais de ditas institucións. Aínda que o acceso é gratuito algúns recursos están restrinxidos
  • SOSIG (Social Sciences Information Gateway): Portal que selecciona, cataloga e avalía os millores recursos dixitais de interese científico no ámbito das Ciencias Sociais.
  • WWW Virtual Library: Trátase do catálogo máis antigo da rede, a diferencia dos catálogos comerciais nútrese das aportacións dunha confederación de voluntarios profesionais que son os que van construíndo o fondo.

Internet oculta

  • Internet Invisible: Da acceso a diferentes bases de datos gratuítas e independentes non accesibles a través das páxinas indizadas polos motores de busca. Ademais ofrece a relación doutros recursos cando estes son importantes no campo de aplicación escollido.
  • OAIster: Proxecto da Mellon Foundation dentro da Biblioteca dixital da University of Michigan. Intenta crear unha gran colección de recursos gratuítos de difícil acceso dentro do mundo dixital, básease na iniciativa dos Open Archives. Os recursos preséntanse listados alfabéticamente

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela