|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Acceso á mostra virtual América EscritaA Universidade de Santiago, a través da Biblioteca Universitaria, colabora na exposición ‘América Escrita’, que se pode visitar dende este luns a través da páxina web www.americaescrita.us.es. Trátase dunha mostra virtual, na que participan a universidades integrantes do grupo de traballo Patrimonio Bibliográfico da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas (Rebiun). A biblioteca compostelá achegou 22 exemplares a esta mostra
virtual, que ten por obxecto sacar á luz os tesouros bibliográficos
de temática americana existentes nas universidades españolas, co
gallo do bicentenario das primeiras independencias americanas. A
exposición, coordinada pola Universidade de Sevilla, divídese en
seis seccións: territorio, persoas, cultura e técnica, américa non
española e independencia. Os exemplares cedidos pola Biblioteca
Universitaria de Santiago atópanse repartidos nestas seccións, nas
que a meirande parte dos textos exhibidos pódense consultar na súa
versión electrónica.
|
|
© BUSC
|