|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Recepción de documentos vía ARIEL¿Que é ARIEL?Ariel é un sistema de transmisión de documentos dixitalizados a través de Internet. Con este sistema os usuarios propios da BUSC poden solicitar documentos non existentes nas coleccións da USC que non superen as 30 páxinas (artigos, ponencias,etc) e recibilos dixitalizados no seu buzón de correo electrónico (sempre que o centro subministrador tamén dispoña do programa Ariel). Poderánse recibir imaxes ou texto en branco e negro ou en niveis de gris en tamaño A4, folio, etc. O tempo que tarda en ser recibido un documento vía Ariel dependerá principalmente do centro provedor do mesmo. As tarifas para os documentos enviados electronicamente a través de Ariel son as mesmas que se aplican ás fotocopias recibidas por correo postal. Cómpre lembrar que as copias que os usuarios realicen de documentos enviados vía Ariel están suxeitas á lexislación vixente sobre a Propiedade Intelectual, polo que non está permitido:
¿Como solicitar documentos vía ARIEL?Se desexa recibir algún documento por esta vía, elixa a opción Ariel en Medio de recepción do documento no formulario electrónico de Prestamo Interbibliotecario. Se o provedor dispón do programa Ariel, o documento solicitado enviaráselle por correo electrónico, polo que é necesario que a súa solicitude inclúa sempre o seu enderezo E-mail no apartado correspondente. ¿Como recibir documentos vía ARIEL?Para poder recibi-los documentos no seu ordenador (PC ou MAC) vostede deberá dispor dun programa de lectura de correo electrónico compatible co estandar MIME (v.gr., Eudora, Outlook, etc). Poderá identifica-las mensaxes que levan documentos en formato Ariel pola indicación do asunto (subject), que amosarán o texto Ariel Electronic Document. Cada unha destas mensaxes levará tres arquivos adxuntos (Attachment converted): Un en formato GDI, outro en TXT -ámbolos dous son prescindibles-, e un terceiro en formato TIFF, que é o que interesa por conte-lo documento solicitado co nome DOCUMENT.TIF. Cada documento Ariel correspóndese cunha única solicitude de documento feita a través do formulario de préstamo interbibliotecario. ¿Como visualizar os documentos?Para poder abri-los arquivos adxuntos e ve-los documentos, vostede precisa dun programa que permita a visualización de formato TIFF multipáxina. Tanto o Windows 98 como as últimas versión de Windows 95 dispoñen, dentro do apartado Accesorios, dun programa chamado Imaging valido para este fin. No caso de que vostede non dispoña deste programa na súa máquina ou teña un Mac, pode utilizar, para a lectura de documentos Ariel, algún dos programas seguintes: Para máis información sobre o proceso de recepción e visualización de documentos pique aquí. |
|
© BUSC
|