Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Ordenadores

  • Destinados ao traballo persoal e con fins académicos, a Biblioteca ofrece:

Ordenadores que dispoñen de aplicacións ofimáticas, acceso a internet e aos   servizos electrónicos da BUSC (Bases de datos, Revistas electrónicas, Catálogo…)

Préstamo de portátiles para uso exclusivo dos alumnos e alumnas da USC, coas mesmas aplicacións e servizos que os anteriores e utilizables dentro das instalacións da biblioteca

Para gravar as buscas e traballos deberá utilizarse Memoria USB (sempre que non requira instalación adicional), ou envialos ao seu enderezo de correo electrónico utilizando exclusivamente correo-web.

A USC dispón de máis ordenadores na rede de Aulas de informática e na Aula Universia das Bibliotecas Concepción Arenal e Intercentros do campus de Lugo.

Dende a Biblioteca pode acceder co seu propio portátil á rede WIFI da Universidade wifiusc 

 

  • Destinados á consulta dos recursos de información, a  Biblioteca ofrece:

Estacións de Información que dan acceso a todos os recursos electrónicos da Biblioteca: catálogo, bases de datos, revistas electrónicas, Internet...

Web-OPAC, son ordenadores que permiten únicamente a consulta do Catálogo da Biblioteca. Non é posible imprimir nin gravar dende os Web-OPAC.

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela