Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Solicitude de préstamo de libros entre Centros da BUSC

A BUSC ofrece un servizo especial de préstamo de libros e outros documentos entre centros, dirixido aos membros da comunidade universitaria de Santiago de Compostela, con condicións variables en función do status académico do usuario.

Os usuarios pertencentes á comunidade universitaria da USC poderán solicitar en préstamo fondos de calquera centro da BUSC, sempre que non se trate de obras de uso frecuente, de tal modo que poden recoller na biblioteca que da servizo ao seu centro obras existentes en calquera outra biblioteca dos campus de Santiago e Lugo.

Antes de realizar unha solicitude de préstamo comprobe no catálogo que a obra que desexa solicitar non estea na Biblioteca do seu Centro e que non estea sinalada no catálogo como obra de préstamo curto.

Se a obra non existe nas coleccións da BUSC, pode solicitala a outra Biblioteca por medio do servizo de préstamo interbibliotecario ou suxeri-la súa adquisición mediante a solicitude de novas adquisicións.

Para facer uso deste servizo vostede pode:

  • Dirixirse ao mostrador de préstamo da súa biblioteca
  • Solicitar o préstamo dende o propio catálogo: unha vez localizada a obra debe utilizar a opción "Solicitar" ou "Reservar/Solicitar", como se ve no seguinte exemplo: 

Exemplo de reserva
Exemplo 1

[68 Kb]

A continuación abrirase unha pantalla na que deberá cumprimentar os seus datos:

Exemplo de reserva
Exemplo 2
[58 Kb]

Unha vez recibidas as obras na Biblioteca do seu Centro, ésta poñerase en contacto con vostede, para que pase a formaliza-lo préstamo.

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela