|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Servizos de Préstamo Interbibliotecario e Acceso ao DocumentoOs Servizos de Préstamo Interbibliotecario e acceso ao documento teñen coma finalidade proporcionar acceso ás coleccións bibliotecarias, especialmente aqueles documentos que non están disponibles para ser adquiridos no mercado bibliográfico. Así realizan dous labores:
Ambos servizos son proporcionados pola BUSC aplicando as tarifas das bibliotecas proveedoras ou ben as establecidas na Xunta de Goberno da USC, máis os custos de envío. Fondos existentes nas coleccións da BUSCSe vostede é usuario de calquera outra Biblioteca non pertencente á USC debe saber que pode obter a través doutra Biblioteca fondos existentes no catálogo automatizado da BUSC, ben sexan orixinais ou reproduccións dos mesmos (fotocopias, microfilms, ...). Este servizo está centralizado na Biblioteca Xeral. Para face-las peticións, calquera que sexa a ubicación dos fondos solicitados, diríxase a: O servizo está suxeito, por parte da USC, a algunhas restriccións en función do estado e características dos fondos e a un sistema de tarifas. Consulte na súa Biblioteca as normas para ter acceso a este servizo. Fondos non existentes nas coleccións da BUSCEste servizo é proporcionado nun único punto da BUSC: a Biblioteca Xeral. Pode face-las solicitudes ben a través do formulario electronico ben dirixíndose á unidade bibliotecaria que atende ao seu Centro. Se vostede está consultando esta páxina dende fóra da USC, vexa a información contida en documentos existentes nas coleccións da BUSC. As bibliotecas que proporcionan documentos á BUSC poden establecer restriccións sobre o uso das súas coleccións. Antes de enviar unha solicitude, debe comprobar que este fondos non existen nas coleccións da USC consultando o catálogo automatizado, xa que de posui-lo documento algunha unidade da BUSC, vostede pode solicitalo en préstamo a domicilio ou obte-las fotocopias dirixíndose á Biblioteca do seu Centro. Tempo de recepciónUnha vez recibida a solicitude pola BUSC, o tempo de recepción do documento, varía en función das características do centro prestatario, do tipo de documento (préstamo dun orixinal, fotocopias, microforma, etc). O promedio de tempo en 2004 foi de 13 días. Consulta dos fondosUnha vez recibido o documento, a BUSC poñerase en contacto con vostede para que proceda a consultalo. No caso de reproduccións (fotocopias, microformas, etc) faralle entrega do mesmo para o seu uso persoal Se o solicatado é unha copia dun documento dunha extensión non superior ás 30 páxinas (artigos de revistas, ponencias de congresos, etc) tamén existe a posibilidade de que se lle envíe dixitalmente á súa dirección de correo electrónico mediante o sistema ARIEL, sempre que o subministrador dispoña deste medio de transmisión de documentos. Consulte a páxina de ARIEL para instruccións sobre como visualizar os documentos en formato TIFF. Para visualizar documentos en formato PDF é necesario ter instalado no ordenado o software Adobe Acrobat Reader. Se se trata de documentos orixinais, estes consultaranse obrigatoriamente nas instalacións da biblioteca que dá servizo ao seu Centro. |
|
© BUSC
|