Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Préstamo a domicilio

Os fondos da Biblioteca Universitaria poderán levarse en préstamo a domicilio por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos.

Para facer uso deste servicio é necesario dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) ou dunha carta de lector expedida pola BUSC.

O catálogo da Biblioteca proporciónalle información respecto á disponibilidade da obra. 

Tipos de usuarios:

Membros da comunidade universitaria (USC)

Profesorado, Investigadores, Alumnos matriculados en etapa de tese

Ata 100 obras durante períodos de 2 meses a 1 ano, en función das necesidades de docencia e investigación. Poderán solicitar ata 3 obras de préstamo curto por un período de 10 dias que se contabilizarán dentro das 100 obras.

Alumnos de Posgrao, Masters especializados, Práctica Xurídica, Criminoloxía e PAS

Ata 20 obras por un período de 15 dias. Poderán solicitar ata 3 obras de préstamo curto por un período de 10 dias que se contabilizarán dentro das 20 obras.

Alumnos de 1º, 2º e 4º ciclo, grao, formación continua...

Ata 5 obras prestables durante 15 días e ata 3 obras de préstamo curto durante 10 dias.

Dirixido exclusivamente a todolos membros da comunidade universitaria da USC, existe un servicio especial de préstamo sobre fondos de calquera centro, sempre que non se trate de obras de uso frecuente, de tal modo que os usuarios poden recoller na biblioteca que dá servizo ao seu centro obras existentes en calquera biblioteca dos campus de Lugo e Santiago.

Usuarios externos autorizados

Usuarios externos

3 obras prestables durante 10 días

Investigadores externos

5 obras prestables durante 15 días.

As obras definidas no catálogo como obras de "préstamo curto" están excluidas de préstamo para os usuarios externos autorizados.

Enderezo de correo electrónico

Se Vde. quere recibir por correo electrónico os avisos seguintes comunique á Biblioteca o seu enderezo para que poidamos enviarlle:

• Avisos de disponibilidade de obras reservadas por Vde.
• Avisos do próximo vencemento das obras que Vde. ten en préstamo
• Avisos de vencemento de préstamos

Pode facilitar o seu enderezo en calquera dos mostradores de préstamo da Biblioteca ou escribindo ao enderezo seguinte: bxeprest@usc.es

Carta de lector

Os usuarios que carezan da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) poden obter unha carta de lector da BUSC previa presentación dunha foto e D.N.I., e acreditación de estar nalgún dos seguintes casos:

• Posuír título de Licenciado, Diplomado, Graduado.
• Ser profesor, Pas ou alumno dalgunha Universidade.

En calquera outro caso, poderase presentar unha solicitude na Biblioteca xustificando a necesidade de facer uso dos fondos da mesma. Diríxase a calquera punto de servicio de préstamo da BUSC para obte-lo formulario de solicitude.

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela