Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

RefAware

 Ata o dia 13 de decembro  permanecerá en PROBA,  RefAware:

RefAware é un servizo de difusión selectiva da información para os membros da comunidade universitaria que lles permite estar ao tanto das últimas novidades dentro do seu ámbito de coñecemento e investigación.

RefAware consulta constante e directamente máis de 8.000 fontes, principalmente revistas de alto nivel de impacto en cada disciplina.

RefAware executa nas fontes dispoñibles as buscas definidas polos usuarios, notificando mediante correo electrónico os novos documentos que se publiquen. Unha vez recibida a información, o usuario pode exportala ao seu xestor de referencias bibliográficas: RefWorks, EndNote, Reference Manager, etc.

Para acceder a este servizo é preciso darse de alta creando unha conta. Para elo:

  1. Ir a http://www.refaware.com
  2. Pulsar en Create Your Account.
  3. Introducir a información de usuario e contrasinal. Ter en conta que o enderezo  electrónico que facilite debe pertencer ao dominio  @usc
  4. Pulsar  en Create Account para finalizar.
  5. Recibirá unha  mensaxe por correo electrónico confirmando o seu rexistro.

Agradecemos  calquera  comentario sobre este produto. Por favor, dirixa as súas opinións a bxsec@usc.es

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela