Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Servizo de Información e Referencia

O Servizo de Información bibliográfica e Referencia proporciona, nos distintos puntos de servizo da BUSC, información e asistencia sobre:

  • Horarios, servizos e normas da biblioteca
  • Organización e localización dos fondos documentais
  • Funcionamento e manexo do catálogo automatizado
  • Acceso a redes de información nacionais e internacionais a través de Iternet
  • Utilización e consulta das distintas bases de datos e doutras fontes de información.

Algunhas bases de datos electrónicas poden consultarse na rede de CD-ROMs dende calquera ordenador conectado á rede da USC, e nas propias instalacións da BUSC. Outras bases monoposto son accesibles soamente nas instalacións das bibliotecas de Centros.

Se Vde. desexa facer algunha consulta mediante o correo electrónico, pode facelo dende as páxinas das diferentes bibliotecas de Centro.

Tarifas

TARIFAS

Usuarios propios da BUSC Usuarios Autorizados da BUSC
Saídas impresas de bases de datos da BUSC (máximo 200 rexistros). 0 € 0,07 € (mínimo 1,4 €   20 rexistros)
© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela