|
Biblioteca Universitariaversión por defecto versión con contraste negativo |
||
| novidades | mapa do web | contacto | correo web | buscar na BUSC | acerca do web | ||
|
Acerca do WebA Biblioteca Universitaria adaptou a súa páxina web á normativa indicada na "Guía de estilo web" do "Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Institucional" da USC. Dita normativa contempla, ademais do estilo xeral do sitio, a existencia dunha versión para persoas con algún tipo de discapacidade visual, motora, auditiva ou doutro tipo.Con esta adaptación, reducíronse ao máximo as imaxes, que levan obrigatoriamente a etiqueta ALT, e non existen arquivos sonoros. Ademais, a BUSC, segue a normativa da USC canto dos estilos que "permiten ás persoas con certo tipo de preferencias visuais, dadas as súas discapacidades, acceder aos contidos" coa versión en contraste negativo do web. Para poder ver esta versión é necesario que o seu navegador acepte as cookies: versión con contraste negativo Tamén existe unha versión en contraste negativo do Catálogo da BUSC. Dadas as caracterísiticas do programa de xestión da Biblioteca no que corre o catálogo, non é posible ofrecer esta versión enteiramente en galego. Traducíronse tódolos botóns e mensaxes posibles, pero a maioría das mensaxes xeneradas polo programa atópanse en castelán, idioma por defecto desta versión do catálogo. Se nalgunha páxina do novo sitio web da BUSC atopa algún elemento que non cumpre o estipulado coma imaxes sen a pertinente etiqueta ALT ou sen descrición, por favor, avísenos ao seguinte enderezo de correo electrónico: bxsec@usc.es, indicando o problema que atopou e a páxina na que está. Test sobre o sitio web
|
|
© BUSC
|