Catálogo de coleccións dixitais da BUSC
A BUSC, a través do seu catálogo de coleccións dixitais ofrece acceso público aos seus fondos bibliográficos históricos, fundamentalmente da Sección Galicia, prensa galega, incunables, e outros fondos da colección xeral.
Ademais, a BUSC e mailo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) veñen de acordar a colaboración para a edición nesta Web das teses de doutoramento defendidas na USC a partir do ano 2005, acordo co que se persegue unha maior e doada difusión das mesmas. Calquera destas teses están editadas previamente polo SPIC en formato CD-Rom, e os seus autores fixeron cesión explícita dos seus dereitos para ámbalas dúas modalidades de edición.
Acceder ao Catálogo de coleccións dixitais