Plataforma en proba os meses de febreiro e marzo
¿Que é e-libro?
E-libro é o canal español dos servizos Ebrary, provedor dun extenso servizo de distribución de contidos en distintos formatos tanto dixitais como impresos baixo demanda. E-libro combina unha potente plataforma de software con contidos editoriais que inclúen dereitos de autor de máis de 220 de editoriais líderes, entre as que figuran Oxford University Press, Elsevier, IBM Redbooks, McGraw Hill, Ramdom House, Penguin Classics, John Wiley & Sons, Cambridge University Press, Taylor & Francis, Palgrave, FLACSO, etc. En 2005 a súa colección comprendía mais de 20.000 documentos en castelán, 5.000 en portugués e 80.000 documentos en inglés.
¿Que servizos provee e-libro?
Os usuarios gozarán dun acceso multiusuario para acceder a unha gran cantidade de libros e outros documentos en formato dixital, dispoñendo adicionalmente de ferramentas avanzadas para traballos de investigación. A plataforma permitiralle aos usuarios efectuar buscas sobre o contido dos libros, crear unha biblioteca persoal cos seus títulos preferidos, engadir notas nos fragmentos de interese, traducir fragmentos de texto simultaneamente, etc.
¿Como se accede?
A través do seguinte enlace
http://site.ebrary.com/lib/busc
¿Como se usa?
Poden atopar unha guía de axuda no seguinte enlace:
Manual de ayuda E-LIBRO