Biblioteca Universitaria


versión por defecto
versión con contraste negativo

Enquisa de avaliación da Biblioteca: Responde e gaña

A Biblioteca Universitaria sortea 5 ebooks entre os participantes na enquisa de avaliación dos seus servizos

A Biblioteca Universitaria da USC pon en marcha o proceso de avaliación de satisfacción cos seus servizos, baixo o lema Fai que a túa opinión conte!. Para iso recollerase a información a través dunha enquisa que servirá para que se detecten as oportunidades de mellora deste Servizo e será imprescindible para emprender as accións que permitan aumentar a calidade do mesmo. Deste xeito poderase acadar unha biblioteca que satisfaga a toda comunidade universitaria. Neste proceso a BUSC conta co asesoramento e colaboración da Area de Calidade da Vicerreitoria de Calidade e Planificación Estratéxica.

A enquisa pódese cubrir dende o 23 de abril ao 8 de maio de 2009 inclusive a través da web. Profesores, investigadores, alumnos e persoal de administración e Servizos recibiran no seu enderezo electrónico unha invitación para participar premendo nunha ligazón e introducindo un código de acceso.

Para agradecer a colaboración da comunidade universitaria, sortearanse 5 ebooks (dispositivos de lectura de libros electrónicos) entre as persoas que cubran a enquisa.

No enderezo vrcaplan@usc.es ou á extensión 11323 atenderase calquera cuestión relacionada coa enquisa. Se o problema ten que ver co código de acceso, recoméndase utilizar o enderezo cau@usc.es ou á extensión 55555.

© BUSC
Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Rúa do Franco s/n
15782 Santiago de Compostela